Gobierno de España. Ministerio de Inclusión, Seguridad Social y Migraciones. Secretaría de Estado de la Seguridad Social y Pensiones - Dirección General de Ordenación de la Seguridad Social
Clases Pasivas

Características dos anticipos

 

Solicitude:

O recoñecemento do anticipo iniciarase coa solicitude formulada polo membro da Unidade familiar que teña a garda e custodia do menor beneficiario do anticipo.

Se se tratase dun maior con discapacidade pero non incapacitado xudicialmente, el mesmo poderá facer a solicitude

 

Contía:

100 € mensuais por cada beneficiario agás que a resolución xudicial fixe unha cantidade mensual inferior, aboándose nese caso o importe fixado pola resolución xudicial

  

Prazo máximo de percepción:

18 meses, xa sexa de forma continuada ou descontinua.

  

Efectos económicos:

primeiro día do mes seguinte á solicitude.Solicitante e perceptor do anticipo: o anticipo solicítao e percíbeo quen teña a garda e custodia do menor (xeralmente será o pai ou a nai), agás que se tratase dun maior con discapacidade pero non incapacitado xudicialmente, sendo este quen o solicitará e percibirá nese caso.

 

Perceptor do anticipo:

o anticipo percíbeo quen teña a garda e custodia do menor (xeralmente será o pai ou a nai), salvo que se tratase dun maior con discapacidade pero non incapacitado xudicialmente, nese caso percibirao o mesmo.

 

Incompatibilidades:

a percepción do anticipo é incompatible coa doutras prestacións ou axudas da mesma natureza e finalidade recoñecidas polas distintas Administracións Públicas. O titular da garda e custodia do menor beneficiario deberá optar por unha delas.

 

Obrigacións do perceptor do anticipo:

  • comunicar, no prazo de 30 días, cantas circunstancias podan ter incidencia na conservación do dereito ao anticipo ou na súa contía.
  •  Así mesmo debe someterse ás actuacións de comprobación que se determinen para verificar as condicións polas que se recoñeceu o anticipo.

Extinción do anticipo:

  • cumprimento da maioría de idade do beneficiario;
  • percepción das 18 mensualidades;
  • cumprimento voluntario ou forzoso do pagamento de alimentos polo obrigado a eles;
  • falecemento do beneficiario ou do obrigado ao pagamento;
  • superación do límite de recursos económicos pola alteración dos ingresos da unidade familiar;
  • resolución xudicial que así o determine.

  

Reintegro do anticipo:

os anticipos percibidos indebidamente haberán de ser reintegrados por quen os percibiu, segundo o procedemento establecido no Regulamento Xeral de Recadación, aprobado por Real Decreto 939/2005, de 29 de xullo. A Dirección Xeral de Ordenación da Seguridade Social efectuará a liquidación da cantidade percibida indebidamente a reintegrar, comunicando a contía da mesma e iniciando, coa notificación, o período voluntario de recadación.

O Estado subrogarase de pleno dereito, ata o importe total dos anticipos satisfeitos ao interesado, nos dereitos que lle asisten fronte ao obrigado ao pagamento de alimentos.

Esta subrogación transforma a natureza da obrigación, que pasa a ser de natureza pública, e a súa cobranza polo Estado efectuarase na forma prevista na Lei Xeral Orzamentaria. Por iso, é preciso informar ao obrigado da existencia de resolución que recoñeza o anticipo e, posteriormente, se practique e notifique liquidación das cantidades que debe ao Estado, que deberá ingresar no Tesouro Público e, no seu defecto, serán esixidas pola Axencia Estatal de Administración Tributaria en período executivo, mediante o procedemento administrativo de prema.