Gobierno de España. Ministerio de Inclusión, Seguridad Social y Migraciones. Secretaría de Estado de la Seguridad Social y Pensiones - Dirección General de Ordenación de la Seguridad Social
Administración Presupuestaria

Requisitos xerais

Feito causante

É o falecemento do funcionario ou do pensionista xubilado ou retirado

A declaración de ausencia legal do causante non se considerará determinante dos dereitos dos seus familiares, que soamente nacerán coa declaración de falecemento do ausente, acordada de conformidade co disposto no Código Civil

Período de carencia

Non é necesario que o causante completase ningún período mínimo de prestación de servizos efectivos ao Estado para que cause pensión en favor dos seus familiares.

Base reguladora das pensións en favor de familiares

A base reguladora das pensións en favor de familiares calcúlase de forma diferente segundo a situación do causante:

  • Se era pensionista de xubilación ou retiro, a base reguladora é a pensión ordinaria de xubilación ou retiro que efectivamente se sinalou ao causante, debidamente actualizada no seu caso.
  • Se era pensionista de xubilación por incapacidade/inutilidade permanente para o servizo que non tivese acreditados como mínimo 20 anos de servizos efectivos ao Estado, e causase dereito a pensión de viuvez, orfandade ou a favor de pais nun réxime público de Seguridade Social con posterioridade á súa xubilación ou retiro por incapacidade/inutilidade permanente, a base reguladora será a pensión de xubilación ou retiro na contía inicialmente recoñecida do 75 por cento.
  • Se falece en situación de servizo activo, é a pensión de xubilación ou retiro que lle puido corresponder ao cumprir a idade de xubilación ou retiro forzoso, coa particularidade de que se toman como servizos efectivos os anos que faltasen a este para cumprir a idade de xubilación ou retiro forzoso.
  • Se o causante falece en situación de excedencia voluntaria, de suspensión firme, separado do servizo, é a pensión de xubilación ou retiro que lle correspondeu ao causante pero considerando soamente polos servizos prestados ata o momento do seu pase a talle situacións.

Impedimento para ser beneficiario

Non poderá ter a condición de beneficiario das prestacións en favor dos familiares que puidesen corresponderlle, quen fose condenado por sentenza firme pola comisión dun delito doloso de homicidio en calquera das súas formas, cando a vítima fose o suxeito causante da prestación.