Gobierno de España. Ministerio de Inclusión, Seguridad Social y Migraciones. Secretaría de Estado de la Seguridad Social y Pensiones - Dirección General de Ordenación de la Seguridad Social
Administración Presupuestaria

Pensións extraordinarias por actos de terrorismo

  • Pensións de xubilación ou retiro (por incapacidade/inutilidade permanente para o servizo)
  • Pensións familiares: viuvez, orfandade e en favor de pais

A) Pensións de xubilación ou retiro (por incapacidade/inutilidade permanente para o servizo)

Contía: é o 200 por 100 do haber regulador que corresponda ó grupo de clasificación asignado ó Corpo ó que pertenza o funcionario no momento do seu cesamento nese servizo activo.

Efectos económicos: primeiro día do mes seguinte á data de xubilación ou retiro, agás que se trate de persoal xubilado ou retirado, pois neste caso os efectos serán desde o primeiro día do mes seguinte á data do acto de terrorismo que motivou a inutilidade daquel.

B) Pensións familiares: viuvez, orfandade e en favor de pais

Son causadas polos funcionarios ou persoal xubilado ou retirado que faleza como consecuencia de actos de terrorismo, así como por quen tiveren recoñecida unha pensión extraordinaria por actos de terrorismo de xubilación ou retiro por incapacidade/inutilidade permanente para o servizo, calquera que sexa a causa do seu falecemento.

Os requisitos e condicións para ser beneficiarios destas pensións son os mesmos que os establecidos para as pensións ordinarias de Clases Pasivas, coa particularidade de que os fillos con dereito a pensión son os menores de 23 anos, e os incapacitados para todo traballo desde antes do cumprimento desa idade ou da data do falecemento do causante. Se o orfo maior de 23 anos se incapacitase para todo traballo antes de cumprir os 25 anos de idade terá dereito á pensión de orfandade con carácter permanente

Contía: é o 200 por 100 do haber regulador que corresponda ao grupo ou subgrupo de clasificación asignado ao Corpo que pertenza o funcionario no momento do seu cesamento no servizo activo. Cando concorran varios beneficiarios a pensión distribuirase da seguinte maneira:

  • Se concorren cónxuxe, ex cónxuxe ou parella de feito e fillos, a metade será para o cónxuxe, ex cónxuxe ou parella de feito e a outra metade para os fillos a partes iguais.
  • Se concorren pai e nai, a partes iguais. Os pais só teñen dereito en defecto de cónxuxe, ex cónxuxe ou parella de feito e fillos con dereito a pensión.
  • Cando un coparticipante perda o dereito, a súa parte acrecentará a do resto deles.