Gobierno de España. Ministerio de Inclusión, Seguridad Social y Migraciones. Secretaría de Estado de la Seguridad Social y Pensiones - Dirección General de Ordenación de la Seguridad Social
Clases Pasivas

Ámbito de aplicación

Os Regulamentos Comunitarios aplícanse para a coordinación dos sistemas de Seguridade Social de España cos Estados Membros da Unión Europea e cos Estados Parte do Espazo Económico Europeo.

  • Países pertencentes á Unión Europea: Alemaña, Austria, Bélxica, Bulgaria, Chipre, Croacia, Dinamarca, Eslovaquia, Eslovenia, España, Estonia, Finlandia, Francia, Grecia, Hungría, Irlanda, Italia, Letonia, Lituania, Luxemburgo, Malta, Países Baixos, Polonia, Portugal, República Checa, Romanía, Suecia.
  • Países pertencentes ao Espazo Económico Europeo: Islandia, Liechtenstein e Noruega.
  • Confederación Suíza, en virtude do Acordo subscrito coa Unión Europea sobre a libre circulación de persoas.
  • Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda do Norte, en virtude do Acordo sobre a retirada da Unión Europea e da Comunidade Europea da Enerxía Atómica.