Ese coeficiente será 1,5 se só houbese un fillo, e incrementará en 0,25 por cada fillo, do seguinte xeito:
1 fillo: 1,5 x IPREM (vixente na solicitude do anticipo)
2 fillos: 1,75 x IPREM
3 fillos: 2 x IPREM
4 fillos: 2,25 x IPREM
5 e así sucesivamente
Durante
2023 o valor anual do IPREM é de:
- desde 1-1-2023: 7.200,00 euros
Computaranse como rendas e ingresos da unidade familiar:
- Os rendementos de traballo de todos os membros da unidade familiar; é dicir, as retribucións en diñeiro ou especie derivadas do traballo, as prestacións recoñecidas polos réximes de previsión social –xa se financien con cargo a recursos públicos ou privados- e os demais rendementos cualificados como do traballo pola Lei do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas (IRPF).
- Os rendementos do capital, en diñeiro ou especie, que proveñan de bens ou dereitos cuxa titularidade corresponda a algún dos membros da unidade familiar e non se atopen afectos ao exercicio de actividades económicas.
- Os rendementos derivados de actividades económicas, computados na forma prevista pola Lei do IRPF.
- O saldo neto das ganancias e perdas patrimoniais dos membros da unidade familiar.
Para o cómputo anual dos ingresos da unidade familiar teranse en conta aqueles de que dispoña ou se prevexa que vai dispoñer no ano natural no que se solicita o anticipo, sempre polo seu importe íntegro.
O límite de recursos económicos entenderase
acreditado mediante a declaración de rendas da unidade familiar que realice o solicitante, sen prexuízo das comprobacións que se realicen polo órgano competente.
Para os efectos destes anticipos, enténdese por "unidade familiar" exclusivamente a formada polo pai ou a nai e aqueles fillos menores de idade, titulares dun dereito de alimentos xudicialmente recoñecido e non pagado, que se atopen ao seu cargo; así como a formada polos menores e a persoa física, distinta dos pais, que os teña ao seu cargo por ter atribuída a súa garda e custodia.